09/12/2008

JcM | 09.12.08

Iván Vázquez Reija (Lugo, 1990) foi dos poucos que non abandonou o barco da SDeC Polvorín cando arreciaba o temporal. Cinco tempadas despois é o capital dos xuvenís, agotanto a súa andaina polo fútbol-base da cidade das Murallas.
Iván, Iván Reija ou Reija?
Calquera delas váleme pero se teño que elexir unha quédome con Reija.
A piques de agotar a súa etapa xuvenil, xa son moitos anos na SDeC Polvorín.
Non recordo cando comencei a xogar ó fútbol, pero sei que foi no colexio, creo que en benxamíns. Logo fichei polo Prone pero deixeino rápido xa que me “rallei”, non me gustaba nada. Volvín a xogar no “cole” e xa en alevíns fichei pola Residencia. Estiven un ano e xa me viñen para o Polvorín. Ó mesmo tempo xogaba a fútbol-sala no Seminario. En xuvenís tiven que deixalo fútbol-sala.
Pode facer unha valoración dos mesmos?
A nivel individual a valoración ten que ser positiva. Podese dicir que fun de menos a máis, agora xa paro alguna. Polo que respecta ó clube hai que recoñecer que está ben organizado, todo funciona ben, excepto algúns matices.
Por exemplo
O pantalón branco (Reija volta a facer unha vella e reiterada reivindicación non atendida), non me deixan xogar co pantalón branco e queda moito mellor co negro. O demáis está ben, da gusto.
Pertence a un equipo que máis ben se pode definir coma un grupo de amigos. Teñen tan “bo rollo” entre vostedes coma cos adestradores e supoño que isto notarase no campo.
É un equipo o que no se nos puxo unha meta moi alta. Coido que podemos alcanzala sempre cos once que salgamos ó campo demos todo o que temos. Si cada un fai a guerra pola súa conta vai ser imposible. A verdade é que ata o de agora tivemos demasiadas baixas, pero parece que pouco a pouco imos recuperando xogadores, co que espero que melloremos o noso nivel de xogo. Sobre todo faltabanos un dianteiro propiamente dito, alguen que se encargara de marcar goles.
Fala que se vos puxo un obxectivo moi alto.
Sí, tanto por parte do clube coma pola nosa parte. Nos mesmos nos esiximos o máximo, pero eu son partidario de ir pouco a pouco, marcándonos metas máis pequeñas. Non debemos esquencernos de que somos un grupo de amigos que intentamos pasalo ben e ganar o maior numero de partidos posible. Coido que polo menos, con respecto a outros anos melloramos moito a actitude e o comportamento.
Dende fora comentase que adestran con pouca intensidade, pouco sacrificio, que veñen a pasalo rato máis que adestrar forte.
Non te vou dala razón pero… Intensidade lle poñemos, pero vimos cansos, somos xente “desa maneira”. Algo máis poderíamos dar adestrando, que duda cabe, pero as veces faltanos motivación nos adestramentos, non sei a qué se debe.
Non teñen a sensación de que están desaproveitando unha oportunidade.
É evidente que a liga é a de menos nivel dos últimos anos, polo menos dende que eu son xuvenil. O Sagrado Corazón, a pesar da súa irregularidade habitual, sería un claro favorito e foise para o grupo da Costa. A Sarriana, que está nos primeiros postos, coido que ten peor equipo co ano pasado. Os demáis, Milagrosa, San Roque, Comercial, Residencia B e nos mesmos, estamos a un nivel moi parexo. Ademáis gustame moito o Quiroga FS xa que son xogadores de primeiro ano que darán moito que falar. Calquera dos seis primeiros pode ser campeón. Está claro que ata o de agora estamos desaproveitando unha oportunidade, non sei si de ascender, pero sí de xogala fase de ascenso.
As causas. A falta de aplicación nos adestramentos?
É posible que lle prestemos pouca atención na estratexia e nesta liga un gol de estratexia podeche dar un gol en calquer momento.
Iso é un dardo para os adestradores.
Para nada. Son dúas grandes persoas e o prototipo de adestrador ideal para un equipo de xuvenís. Son xente que se complementa moi ben cos rapaces, cos entende perfectamente. Calquer xogador intenta falar con eles e fala perfectamente. Intentano facer o mellor posible.
Teño que preguntarlle polos partido contra o San Roque. O ano pasado tivo que suspenderse o partido. Non ten moito sentido.
Non é para tanto. Sempre gusta ganar e máis cando é o equipo co que compartes campo. Sempre gusta dicir “ganamoslles”. Sobre todo os que empezamos máis abaixo apetecenos gañar a xente que se foi, que non quixo confiar no clube. Eso sí, este ano non pasou nada.
Pero non lles dan ganado.
Por que hai xente que vive para gañarlle o Polvorín. Dende que se foron so pensan en xogar contra o Polvorín e en poder ganar, non sei que teñen na cabeza.
Cambio de tercio. Contanme que Iván Reija é un porteiro de reflexos, más espectacular que efectivo que non se caracteriza por adestrar demasiado, máis ben o contrario. Antes dicía vostede que a súa traxectoria ven de menos a máis, podería decirse que é vostede un exemplo de melloría sen adestrar?
Coido que non, ninguén mellora sin adestrar. Valeume de moito o ano que adestrei específico con Ángel cando eramos xuvenís de primeiro ano. El traballaba moi ben conmigo e eu sentíame moi cómodo con él. Sabía moi ben o que facía. Ademáis apliquei moitas técnicas de fútbol-sala xa que alí había un paisaniño que facía portería con nos. A verdade é que non adestrei máis básicamente por estudiar. Aquí en Lugo nunca se vai chegar a nada e prefiro ter estudios.
E vostede coida que é incompatible
Para min sí, xa que son unha persoa moi desorganizada e para poder compaxinar ambas cousas hai que ser ordenado. Si me preguntaran un benxamín eu lle diría que adestrara, que sendo tan xove existe moito marxe de mellora. Ata infantís pódense levar perfectamente as duas cousas e, a partir de aí, é necesaria unha organización, pero poden facerse ambas cousas. Eso sí, os estudios son o máis importante, incluso máis co fútbol.
Seguindo con este tema e partindo de que realmente cada vez os rapaces lles gusta menos adestrar, non coidas cun dos problemas do fútbol-base é a falta de compromiso. Os adolescentes están pouco dispostos o sacrificio e, o primer revés, é máis cómodo irse para casa e, sobre todo, non perderse ningún botellón.
A verdade é que para er futbolista hai qye tr a cabeza moi fría e saber moi ben o que queres. Lóxicamente depende do grado de esixencia da competición. Non é o mesmo xogar en División de Honra que en Liga Local. Eu coido co problema non é tanto culpa dos rapaces coma de que exista un adestrador quesexa capaz de motivalos. De todalas maneiras coido que en Lugo, nos últimos anos, están saíndo bos xogadores da base coma Marcos Valín e Diego López.
Bos exemplos ambos de grandes traballadores
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
www.sdcpolvorin.es    Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio