18/11/2008
"titososti"
O xogador do primeiro plantel Javito estrea hoxe as entrevistas a xogadores do clube. Estudante de psicoloxía e ex-xogador do CD Lugo nunca tivo pelos na lingua, caracterizandose por chamarlle as cousas polo seu nome. Con todos vostedes Javito en estado puro, preparense para unha psicoanálise.
- Quero que empeces contándome onde xogache javi? Necesitamos referencias. hai xente que non te coñece e non sabe a quén lle empatache.- Principalmente xoguei nas categorías inferiores do Lugo, é tamén en outros equipos coma a Milagrosa onde empecei con 8 anos. Cando saín de xuvenís marchei para a Sarriana, onde estiven só 3 meses.
-..pouco engañache...-...pouco, é verdade… máis ben enganaronme eles a min, non sei, cousas do fútbol supoño, na vida sempre nos temos que atopar con algún impresentable. Despois estiven parado ese ano. A seguinte tempada ficho polo Polvorin e cumplo agora o terceiro ano no clube.
- Logo xa che pasou a oportunidade de poder seguir roubando ou aínda pensas en intentalo? - Noon, meu obxetivo xa é .... divertirme, estar cos amigos,(.ja,ja.!), ... Agora teño outras prioridades. Para min os estudios sempre foron o primeiro. De todas formas, o míster dí que bastante lle engano o clube tendo que aturarme, supoño que o corpo técnico non está ledo co meu rendemento, cousa que non é de estrañar, xa che deixo unha pregunta para futuras entrevistas.
-Pero enganchado, ilusionado estás co equipo? ou moito nos enganache en pretemporada.- Sí claro, eu creo que estou amosando compromiso… se estamos eiquí é porque nos gusta o futbol. Temos que ter claro todos o compromiso co equipo,a actitude e as gañas. Hai uns mínimos de compromiso que hai que cumprir.Se estamos,estamos. Aquí non hai incentivos económicos e todos temos cousas que facer, estudos, traballo, pero debemos facer un esforzo se non nos queremos ver ahí abaixo.
- Véndote falar así e coma xogador...”veterán” no equipo,....por que non levas o brazalete?- Non sei, creo que tiña o apoio no vestiario con este tema..presentei candidatura en pretemporada e fixen campaña pero supoño que é unha decisión do corpo tecnico que considera que non teño peso suficiente e non debo asumir ese rol ... eu acepto a decisión co respeto debido.
-.Bueno, ás veces levas o dez, eso tamén pesa, ou?- ... a min o único que me pesa son as pernas cando remata o partido
-Con respecto o clube, ¿Qué destacarías da sdc Polvorín?- Sen dúbida a xente, dende a presidenta e mailo seu marido, pasando por adestradores como Diego e Alex ata chagar o vestiario do primeiro plantel, xogadores coma Freire, Carlos e compañía fan grande a este clube. A verdade é que se tivesemos a metade de calidade que de bo ambente ascenderíamos xogando só a primeira volta.
- Qué pasa neste inicio de temporada? -...pufff, non sei...non damos gañado, aínda non estamos descolgados, sumar puntos estanos costando a moitos equipos pero hai que empezar a sumar canto antes…O míster e Maikel andan na procura dunha solución , pero vanno ter complicado.
- Temos un equipo xove, hai que ter paciencia, non podemos caer na ansiedade de vernos abaixo... é ahí onde queremos ver ó Javi “capitán”...-..sí pero...( neste intre a conversa tórnase nun intercambio de pareceres onde houbo todo tipo de ENTRADAS, ... pases, despexes, entradas fortes,centros, remates, bos pases , ...despexes bos, pases malos, entradas fortes ós tobillos, remates á portería,despexes nas asas, pases horizontais, bos centros á olla, remates á grada, remates ós paos, pases lamentables,entradas fortes á altura das rodillas,... tarxetas!..... botalo balón fora, non botalo, hai un tipo no chan,...o arbitro non parou o partido,....aaah!... eu non o vin,....cómo que non o viche?........final do partido!!...poido asegurar que non quedou títere con cabeza.Javito fala do equipo coa mesma facilidade coa que defende ós seus compañeiros. Todo carácter, impulsividade e algún que outro cuspe cara arriba...)
- Tes que ser máis frío Javi, és un incendiario.(..ja,ja!) é coma ter a Eto`o nun vestiario. - Qué queres que che diga, eu véxoo así.. é o que hai..
- Non estou dacordo...cambiemos de tema. Con qué te quedas? qué rescatas do fútbol?- Os amigos,claro está.... o trato que recibo por parte do clube, temos unha presidenta que é un pedazo de pan e nos trata coma os seus fillos....(queda pensativo e atiza de novo). O problema no futbol amateur está en quen dirixe, e falo tamén de categorías inferiores. Tanto adestradores coma directivos. Os adestradores teñen que formar ós chavales, educar, e os directivos teñen que saber que ísto ten que ser así. O fútbol ten que ser enfocado coma unha labor social, os adestradores deben ser tamén profesores. No fútbol base hai moita xente que non as vé, que vai pisando, sen decatarse de que o importante é a diversión e a formación do chaval. Hai adestradores que andan máis pendientes dos resultados que outra cousa. Considero que un adestrador de fútbol base fracasa no momento en que algún rapaz deixa o equipo.
- Pero aí poden haber moitas circunstancias polas que o rapaz deixa un equipo.- Sí, claro... existen outras variables, pero ese erro é imperdoable.
- Coido que quedan cousas que aínda non me contache de cando eras rapaz. Vexo resentimento, algo de rencor?...adiante, segue disparando, xa poucas balas che deben quedar…- Non, rencor non, pero si decepción, traballar con cativos require moita responsabilidade, precisase unha formación, é cando falo disto non me refiro a un par de cursillos nin dúas medallas coas que sacar peito cos amigos na barra do bar. Detrás de todo rapaz que fai un deporte hai unha ilusión, unha educación e uns valores que non se poden ningunear por intereses propios, e desgraciadamente isto é frecuente.
- Bueno, pois ahí queda iso...Javito en estado puro... un fenómeno!!
|