28/10/2008


"titososti"

A cita desta semana é con Oladapo Oladipo, "Dapo", domingo pola mañán.Nado en Lagos(Nixeria) e a piques de cumprir 19 anos o vindeiro decembro, Dapo é un vello coñecido da casa. Con 12 anos chegou a lugo  e no Polvorin  tivo a oportunidade de enrolarse nun equipo  por primeira vez e xogar en “...campo grande...”
Éste verán fichou polo CD Lugo coma unha aposta de futuro. Hoxe á tarde contra o Sestao River, no Anxo Carro tócalle velos toros dende a barreira de novo. Aínda non debutou en liga pero asegura que non pensa baixalos brazos.
 
- Hola dapo..
- Hola.
 
- Qué tal? ...asi que hoxe toca grada?
- Pois sí.
 
- E como levas iso?
- Home, xa sabes que a todos nos gusta xogar os domingos e bótase de menos, claro está, pero o mr ten que escoller dezaseis...
 
- ...és mozo aínda, paciencia.., ou?
- sí claro, so teño dezanove anos e quédame moito que aprender. Eu vou seguir traballando para cando chegue a miña oportunidade poder aproveitala e mentres tanto apoiaolo meu equipo en todo.
 
- Hai moita competencia..
- Si, somos unha plantilla amplia e temola sorte de que nos están respetando as lesións... .algún está tocado,pero nada grave. A nosa misión é poñerllo dificil ó míster nos adestramentos.
 
- E que tal nos adestramentos?
- A verdade é que penso que estamos traballando ben todos. Ninguén pode baixala guardia porque todos queremos estar ahí para axudar ó equipo... todos nos sentimos titulares, por qué non?
 
- Este ano está costando arrancar puntos non? quizais o listón quedou moi alto o ano pasado?
- Si, supoño que non é fácil repetilo. O equipo renovouse bastante éste ano e temos que ter paciencia. No vestiario somos conscientes e penso que remamos no mesmo sentido todos  e confiamos no traballo que estamos facendo. 
 
-...pareceme ben, hai que velo así. ... e...deixando o presente a un lado, ...cóntame algo sobre Nixeria. creciche en Lagos, na capital, e foi ali onde empezache a xogar ó fútbol,non é?
- Si, xogaba pachangas cos amigos...xogabamos nalgunha pista en plan futbol sala, nunha vella pista de tenis tamén ou nunha terraza dun amigo..
 
- Logo nunca tiveche oportunidade de xogar nun equipo federado?
- Non, realmente eramos moi noviños, meu pai non estaba alí e non é como estar en lugo, que sales da casa e xa tes o Polvorín ou o campo de Frigsa aí ó lado. Os desprazamentos eran moi longos para poder xogar...pero, igualmente, disfrutaba xogando cos meus amigos o fútbol.
 
- E con 12 anos chegas a lugo e fichas polo Polvorin.
- Si, gracias a un amigo da familia que nos preguntou se queriamos xogar ó futbol. Non o dubidamos, sabiamos que era o xeito de coñecer amigos e relacionarse e aprender o idioma,  e foi no Polvorin onde nos abriron as portas a min e a meus irmáns. Tiven a oprtunidade de compartir vestiario con moita xente durante eses anos e poido dicir que moitos deles son amigos meus aínda. Sempre nos trataron moi ben.
 
- Así que empezache en idade cadete.
- Si, empecei en cadetes de primeiro ano. O segundo ano de cadete  xogaba ás veces co xuvenil e  co equipo “B” de terceira rexional tamén. Cando cheguei a xuvenís, seguía xogando no equipo B. No meu segundo ano de xuvenís empecei a xogar partidos co primeiro equipo de rexional, No meu ultimo ano de xuvenís, é dicir,o ano pasado Julián considerou que debía pertencer á primeira plantilla e estiven a primeira volta...
 
- Foi cando xurdiu a posibilidade de xogar en división de honra xuvenil en As Pontes, qué tal a experiencia?
- Si, fichei para xogar a segunda volta. Era unha oportunidade para xogar nunha categoría que non coñecía. Encontreime con xogadores moi bós. Foi unha gran experiencia para mín, aínda que ó final acabamos perdendo a categoría. Foi unha mágoa, tiñamos bos xogadores, algúns estan xogando actualmente no primeiro equipo.
 
- E chega éste verán e a posibilidade de adestrar co CD Lugo.
- Sí, moi contento de que confiaran en min. Sei que a 2ªB é unha categoría moi esixente pero espero poder devolvela confianza que depositaron en min...debo seguir traballando.
 
- Iso,.. a temporada é moi larga, pois a seguir traballando,… xa tocará… Moitas gracias dapo, e moita
sorte ésta tarde.
- Gracias e sorte para vós tamén. Non me quixera despedir sin mandarlles un saludo e unha aperta a todos eses amigos que formades a familia da SDeC Polvorín.
 
 
 
 
.
 
Necesita el Flash Player y activar Javascript.
 
www.sdcpolvorin.es    Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio