21/10/2008
"titososti"
Vestida con roupa deportiva e cun sorriso na boca recíbeme dona María do Carme Télez López, a señora presidenta da Sociedade Deportiva e Cultural Polvorín, Mary para os amigos. Nos seus ollos apréciase a tristura pola última derrota do equipo afeccionado que non remata de arrancar, pero só é un dos dez equipos do clube que preside. Ademáis foi un fin de semana con máis bos resultados que malos.
- Hola Mary.
- Hola, boas tardes.
- Cóntame, como empezache neste mundo do futbol? cales foron os teus pasos ata chegar a presidir o clube? En definitiva, que fai unha muller presidindo un clube de fútbol.
- Sí, por qué non? ver ós chavales a diario disfrutar e crecer nun entorno sano como é o futbol base xa é un premio. Os pais tamén o pasan ben e no noso caso somos xente que fixemos unha piña ó redor dos chavales. Iso é algo moi gratificante e fai que os chavales se sintan mais cómodos na gran familia do Polvorin. De feito, hai varios xogadores da 1ª plantilla, entre os que está meu fillo, que levan xuntos dende alevíns. iñaki, pablo, marquiños,.....son moitos anos con eles e para algúns eu tamén son un pouco coma unha nai tamén.
- Falar da SDeC Polvorín actual é falar de Julian Castaño, non sí?
- Que che vou dicir, Julián é a alma deste club. De algunha maneira é o director desta orquesta...é un traballador que se desvive polo clube e sen él non sería o mesmo. Dende que está no clube estanos axudando a crecer como tal. Procuramos remar no mesmo sentido,aínda que ás veces discutimos. É o que ten a confianza, pero eu non me meto na súa parcela como técnico, nunca se me ocorrería.
- E falando de crecer, éste ano aumentaron as licencias?
- Este ano partimos con dous equipos máis, un alevín e un benxamín. Ademáis temos máis de vinte nenos na Escola de Iniciación, que aínda non poden competir. Por primeira vez na historia do Clube imos pasar dos cento cincuenta xogadores.
- Cal crees que é o motivo deste aumento de nenos nas categorías inferiores?
- Supoño que inflúen varias cousas. O feito de ter o campo de herba artificial axuda, a ubicación do campo na cidade, pero tamén penso que duns anos a ésta parte a imaxe do club tamén é outra. Pouco a pouco pretendemos dar pasiños cara adiante e penso que vamos polo bon camiño e quizáis iso se transmita de portas afora. Nese sentido gustaríanos, por exemplo, a largo plazo, poder meter algún equipo en liga gallega.
- E imos disfrutar o ano que ven da cuarta edición do Torneo Polvorin?
- Pois iso esperamos. Pretendemos seguir consolidando éste torneo, do cual estamos moi orgullosos, como un dos referentes na provincia e na nosa comunidade.
- Unha laboura complicada, non é?
- Moitísimo. empézase a preparar con moita antelacion xa que hai moitos cabos que ir atando ó longo do ano, pero a experiencia destes anos anteriores fai que poidamos millorar a organización, ou iso é o que intentamos. Sen dúbida, a ilusión coa que afrontamos a organizacion do torneo fará que vaiamos a máis. A implicacion dos pais,xogadores e adestradores das distintas categorias durante ese fin de semana traballando é algo grande. Neses detalles é onde se pode apreciar a gran familia que formamos éste clube.
- E no tocante ós adestradores nas categorias inferiores,seguimos contando coa xente da casa?
- Si, coa excepción de Juan Carlos, que leva os alevíns, un rapaz con moitísima experiencia en categorias inferiores , que adestrou no CD Lugo,na SCD Milagrosa e ata o ano pasado pertencía ó Lorca Deportiva. Unha incorporación que estamos seguros tamen nos vai axudar moito. Nos demais equipos seguen os mesmos. Estou moi contenta con eles, véxoos traballando con moita ilusión, gañas e compromiso e penso que están a facer un bo traballo en xeral. Neste sentido gustariame destacar o traballo de Caballero e Freire cos cadetes, que estan facendo moi bos partidos neste comezo de tempada.
- .... E o equipo de 1ª rexional?... estanos costando arrancar,non é?
- Bueno, sí, é verdade, pero non estou preocupada, imos saír adiante, estou segura. É un equipo con moitas caras novas, fixemos unha boa pretempada e confio no traballo de Juliáan e maikel. Estaría preocupada se fose cuestión de actitude, pero non é eso. Cactitude todo ten solución e penso que estáse adestrando ben, e por riba sei que hai un gran vestuario, hai piña.... quizais necesitamos esa victoria que nos de algo mais de confianza...
- ...Entón podes adiantarnos de que o corpo tecnico vai comelo turrón no Polvorín....
- Sí, seguro, poden estar tranquilos, a marxe de confianza é ampla.
-...E xa para rematar, gustaríame saber cal foi a tua maior alegría ó longo destes anos e cal a túa maior decepción.
- É dificil de contestar, levei moitas alegrías. Supoño que a copa que gañaron a tempada pasada os alevíns por ser o primeiro título do clube nesta etapa. Unha decepción?,...perder a final da Copa Deputación do 2007 a penaltis, ainda que oestou moi rgullosa do papel que xogaron os rapaces naquel torneo.
- Pois moitas gracias, a seguir traballando nesta liña e que haxa sorte.
- A SORTE É PARA OS MEDIOCRES!!!!!! ....(dito queda: Mari Carmen López Télez)
|